jueves, 12 de junio de 2008

MERCASIGRÁS ENTREGA UN DONATIVO Á ONG CAMPOS-CAMBRE, POBO SOLIDARIO

Cristina Brea Martínez, Vicepresidenta de Mercasigrás, fixo entrega, en nome de todos os socios e socias, dun donativo á ONG CAMPOS, correspondente aos beneficios obtidos na venda de produtos, tanto na feira de Cambre, o pasado día 2, como no Instituto.
Recolleu o donativo, Rafael Sánchez, representante de CAMPOS (Cambre, Pobo Solidario).
Grazas a todos pola vosa colaboración.