jueves, 12 de junio de 2008

MERCASIGRÁS ENTREGA UN DONATIVO Á ONG CAMPOS-CAMBRE, POBO SOLIDARIO

Cristina Brea Martínez, Vicepresidenta de Mercasigrás, fixo entrega, en nome de todos os socios e socias, dun donativo á ONG CAMPOS, correspondente aos beneficios obtidos na venda de produtos, tanto na feira de Cambre, o pasado día 2, como no Instituto.
Recolleu o donativo, Rafael Sánchez, representante de CAMPOS (Cambre, Pobo Solidario).
Grazas a todos pola vosa colaboración.

domingo, 18 de mayo de 2008

OS SOCIOS DE EJECUTIVOS DOROTEAS NO MERCADO DE AVILÉS

Nestas fotografías podedes ver o mercado dos socios/as de Mercasigrás, alumnos/as de EJEcutivos Doroteas, do Colexio Paula Frasinetti de Avilés (Asturias), onde veredes varios dos produtos galegos que desde Cambre lles envíamos.
Por certo, a señora que se ve nunha foto comprando un Colgante de Sargadelos é a Sra. Alcaldesa de Avilés.




ALGAS: ESPAGUETIS DE MAR

Himanthalia elongata: é unha bela e peculiar alga atlántica en forma de cinta. Ten un delicado sabor a mar e a xudía fresca e as súas cintas son carnosas e tenras. Como a mayoría das algas marinas é rica en proteínas, fibra, vitaminas e minerais.
q
Polo seu sabor, forma e consistencia é unha das algas marinas que máis aplicacións gastronómicas ten. É excelente por sí mesma ao natural, ou aderezada con allos tenros. Pode ser empregada tamén en guarnicións de pratos de peixe ou como un novo e atractivo ingrediente na preparación de sopas e
diversos entrantes como rebozados, revoltos, canapés, etc.

O
produto deshidratado pódese engadir directamente nas augas de cocción ou hidratalo previamente uns 10 minutos en agua cun pouco de sal para que recupere o seu estado natural. En calquera caso, o seu tempo de cocción non debe sobrepasar os 10 minutos.
q
Peso: 25 gramos. As algas deshidratadas aumentan moito de volume cando se hidratan: 5 grs. de alga seca equivalen a 50 grs. de alga hidratada.

Prezo: 2 €. Referencia: 5

PENDENTES PRATA EN FORMA DE TRISQUEL

Pendentes feitos en prata con forma de trisquel.
qDiámetro: 0,9 cm. qSímbolo celta con tres espirais en movemento. Representan tres manifestacións de Deus. Na cultura celta, os Druidas eran os únicos que podían portar este símbolo sagrado.
Prezo: 8,50 €
Referencia: 8

jueves, 10 de abril de 2008

MEL

Producto elaborado a partir de flora autóctona e silvestre sen utilización de ningún producto químico. Esta mel non foi quentada en ningún momento para conservar mellor todas a súas propiedades.
Ideal para acompañar iogur, queixo fresco e infusions. Tamén como ingrediente na elaboración de numerosos postres.

Envase de cristal de ½ kg.
Prezo: 4 €
Referencia: 4

GRELOS

Todo aquel que teña contacto con Galicia, coñece o espléndido sabor e a peculiar textura de esta maravilla gastronómica. Os grelos son os brotes tenros das follas do nabo que aparecen na pranta xusto antes da súa floración. Aliado na cociña, brindaranos a súa perfecta compaña en revoltos, en caldos, en carnes e, como non, no cocido ou no máis viaxeiro de todos os pratos galegos: "O lacón con grelos". Preséntase en envase de lata de 410 grs. e en envase de cristal de 350 grs. Listo siempre en la despensa.
Referencias: 6-A (envase de lata), 6-B (envase de cristal).
Prezo: 2 € (envase de lata), 2,50€ (envase de cristal)