domingo, 18 de mayo de 2008

ALGAS: ESPAGUETIS DE MAR

Himanthalia elongata: é unha bela e peculiar alga atlántica en forma de cinta. Ten un delicado sabor a mar e a xudía fresca e as súas cintas son carnosas e tenras. Como a mayoría das algas marinas é rica en proteínas, fibra, vitaminas e minerais.
q
Polo seu sabor, forma e consistencia é unha das algas marinas que máis aplicacións gastronómicas ten. É excelente por sí mesma ao natural, ou aderezada con allos tenros. Pode ser empregada tamén en guarnicións de pratos de peixe ou como un novo e atractivo ingrediente na preparación de sopas e
diversos entrantes como rebozados, revoltos, canapés, etc.

O
produto deshidratado pódese engadir directamente nas augas de cocción ou hidratalo previamente uns 10 minutos en agua cun pouco de sal para que recupere o seu estado natural. En calquera caso, o seu tempo de cocción non debe sobrepasar os 10 minutos.
q
Peso: 25 gramos. As algas deshidratadas aumentan moito de volume cando se hidratan: 5 grs. de alga seca equivalen a 50 grs. de alga hidratada.

Prezo: 2 €. Referencia: 5

No hay comentarios: