jueves, 12 de junio de 2008

MERCASIGRÁS ENTREGA UN DONATIVO Á ONG CAMPOS-CAMBRE, POBO SOLIDARIO

Cristina Brea Martínez, Vicepresidenta de Mercasigrás, fixo entrega, en nome de todos os socios e socias, dun donativo á ONG CAMPOS, correspondente aos beneficios obtidos na venda de produtos, tanto na feira de Cambre, o pasado día 2, como no Instituto.
Recolleu o donativo, Rafael Sánchez, representante de CAMPOS (Cambre, Pobo Solidario).
Grazas a todos pola vosa colaboración.

domingo, 18 de mayo de 2008

OS SOCIOS DE EJECUTIVOS DOROTEAS NO MERCADO DE AVILÉS

Nestas fotografías podedes ver o mercado dos socios/as de Mercasigrás, alumnos/as de EJEcutivos Doroteas, do Colexio Paula Frasinetti de Avilés (Asturias), onde veredes varios dos produtos galegos que desde Cambre lles envíamos.
Por certo, a señora que se ve nunha foto comprando un Colgante de Sargadelos é a Sra. Alcaldesa de Avilés.




ALGAS: ESPAGUETIS DE MAR

Himanthalia elongata: é unha bela e peculiar alga atlántica en forma de cinta. Ten un delicado sabor a mar e a xudía fresca e as súas cintas son carnosas e tenras. Como a mayoría das algas marinas é rica en proteínas, fibra, vitaminas e minerais.
q
Polo seu sabor, forma e consistencia é unha das algas marinas que máis aplicacións gastronómicas ten. É excelente por sí mesma ao natural, ou aderezada con allos tenros. Pode ser empregada tamén en guarnicións de pratos de peixe ou como un novo e atractivo ingrediente na preparación de sopas e
diversos entrantes como rebozados, revoltos, canapés, etc.

O
produto deshidratado pódese engadir directamente nas augas de cocción ou hidratalo previamente uns 10 minutos en agua cun pouco de sal para que recupere o seu estado natural. En calquera caso, o seu tempo de cocción non debe sobrepasar os 10 minutos.
q
Peso: 25 gramos. As algas deshidratadas aumentan moito de volume cando se hidratan: 5 grs. de alga seca equivalen a 50 grs. de alga hidratada.

Prezo: 2 €. Referencia: 5

PENDENTES PRATA EN FORMA DE TRISQUEL

Pendentes feitos en prata con forma de trisquel.
qDiámetro: 0,9 cm. qSímbolo celta con tres espirais en movemento. Representan tres manifestacións de Deus. Na cultura celta, os Druidas eran os únicos que podían portar este símbolo sagrado.
Prezo: 8,50 €
Referencia: 8

jueves, 10 de abril de 2008

MEL

Producto elaborado a partir de flora autóctona e silvestre sen utilización de ningún producto químico. Esta mel non foi quentada en ningún momento para conservar mellor todas a súas propiedades.
Ideal para acompañar iogur, queixo fresco e infusions. Tamén como ingrediente na elaboración de numerosos postres.

Envase de cristal de ½ kg.
Prezo: 4 €
Referencia: 4

GRELOS

Todo aquel que teña contacto con Galicia, coñece o espléndido sabor e a peculiar textura de esta maravilla gastronómica. Os grelos son os brotes tenros das follas do nabo que aparecen na pranta xusto antes da súa floración. Aliado na cociña, brindaranos a súa perfecta compaña en revoltos, en caldos, en carnes e, como non, no cocido ou no máis viaxeiro de todos os pratos galegos: "O lacón con grelos". Preséntase en envase de lata de 410 grs. e en envase de cristal de 350 grs. Listo siempre en la despensa.
Referencias: 6-A (envase de lata), 6-B (envase de cristal).
Prezo: 2 € (envase de lata), 2,50€ (envase de cristal)

TARTA DE SANTIAGO

É un dos doces máis típicos de toda a repostaría galega, feito dun fabuloso biscoito de améndoas que se presenta baixo a forma da cruz de Santiago.
É o postre máis típico de Santiago de Compostela. Hai constancia sobre a elaboración de esta tarta no seu consumo en manuscritos que datan do ano 1.577.

Peso: 750 grs.
Prezo: 6 €
Referencia: 3

COLGANTES DE SARGADELOS

Orixinais colgantes de Sargadelos realizados en porcelana dura. Os decorados están aplicados baixo a cuberta polo que son indelebles a todo tipo de agresión física ou química.
O deseño dos decorados responden nunha grande parte a interpretacións dos diferentes estilos artísticos, cultos e populares, producidos en Galicia ao longo da historia.
O complexo industrial de Cerámicas do Castro iniciou as súas actividades en 1949 e as súas instalacións encóntranse no Castro de Samoedo (Sada-A Coruña).
Prezo: 9 €
Referencia: 7-A

TORTA DE MILLO

TORTA DE GUITIRIZ

Produto gastronómico que, xunto coas augas medicinais do seu balneario, deu renome ao pobo de Guitiriz (Lugo).
A súa orixe remóntase a finais do século XIX e desde entón o seu gran éxito fixo que pouco a pouco fose crecendo a súa produción e distribución.
Todos repiten cando a proban. Esta exquisita torta elabórase cos seguintes ingredientes: fariña de millo, manteca, ovos, azucre e ralladura de limón.

Peso: 650 grs.
Prezo: 6 €
Referencia: 2

CHAPAS GALEGAS

PADRÓN

RAPA DAS BESTAS

ROSALIA

TOXO POWER

CHOIVA

FALO GALEGO

VACALOURA

Precio unidad:1,50 €
Referencia: 9

viernes, 4 de abril de 2008

CATÁLOGO DE MERCASIGRÁS

GALLETAS MARIÑEIRAS

qGalletas de alta calidade, elaboradas artesanalmente, sen aditivos nin colorantes, con lecitina de soia que facilita a eliminación do colesterol e mellora o rendemento intelectual. Estas galletas cruxentes son moi dixestivas e recomendables para nenos, maiores ou persoas con problemas de acidez de estómago.
qIdeais para o almorzo (con mel, marmelada, queixo, …), para preparar calquera tipo de canapés ou para picar a calquera hora.
qConservación: máis de 5 meses no envase e máis dun mes co envase aberto.

qPaquetes de 250g
qPrezo: 2 €
qReferencia:1

martes, 26 de febrero de 2008